Naturalismo
estilo artístico do XIX baseado na observación e documentación da realidade / From Wikipedia, the free encyclopedia
O naturalismo é un estilo artístico, sobre todo literario, baseado na observación e documentación da realidade en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes coma nos máis vulgares. O seu máximo representante, teorizador e impulsor foi o xornalista Émile Zola que expuxo esta teoría no prólogo da súa novela Thérèse Raquin e sobre todo en Le roman expérimental (1880). Dende Francia, o Naturalismo espallouse ao longo de toda Europa no curso dos vinte anos seguintes adaptándose ás distintas literaturas nacionais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Naturalismo (homónimos).