Lingua navajo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O navajo[3] (Diné bizaad), ás veces grafado "navaho", é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navajos. Pertence á subfamilia linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.
Datos rápidos Navajo Diné bizaad, Códigos de lingua ...
Navajo Diné bizaad | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Arizona, Novo México, Utah, Colorado | |
Total de falantes: | 170 000 (2015)[1] 7 600 monolingües | |
Familia: | Linguas na-dené Linguas atapascanas Linguas atapascanas meridionais Navajo–Apache Navajo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nv | |
ISO 639-2: | nav | |
ISO 639-3: | nav
| |
SIL: | NAV
| |
Mapa | ||
Distribución do navajo antes da colonización. Distribución do navajo na Nación Navajo. | ||
Status | ||
Pechar
Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.
Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navajos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navajos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.