Neil Armstrong
astronauta e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Neil Alden Armstrong, nado en Wapakoneta, Ohio o 5 de agosto de 1930 e finado o 25 de agosto de 2012[1] foi un astronauta estadounidense e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969. Foi tamén enxeñeiro aeroespacial, aviador naval, piloto de probas e profesor universitario. Antes de converterse en astronauta, Armstrong foi oficial na U.S. Navy e serviu na Guerra de Corea. Despois da guerra, graduouse na Purdue University e traballou como piloto de probas na National Advisory Committee for Aeronautics High-Speed Flight Station, agora coñecido como Dryden Flight Research Center, onde realizou ao redor de 900 voos. Posteriormente completou estudos de grao na University of Southern California.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Neil Alden Armstrong 5 de agosto de 1930 Wapakoneta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de agosto de 2012 (82 anos) Cincinnati, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Morte natural (Complicacións dunha cirurxía ) |
Lugar de sepultura | Océano Atlántico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Deísmo |
Educación | Universidade do Sur de California - enxeñaría aeroespacial (–1970) Universidade de Purdue (pt) - Aeronáutica (–1955) Colégio Blume (pt) USC Viterbi School of Engineering (en) Wapakoneta High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Aviación naval, Exploración espacial e enxeñaría aeroespacial |
Ocupación | astronauta (1962–1971), Aviador naval estadunidense (pt) , profesor universitario , piloto de probas , Enxeñeiro de aviación |
Empregador | University of Cincinnati (en) (1971–1979) NASA, astronauta (1962–1971) Tallahassee |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | tenente (pt) (1953–) |
Conflito | Guerra de Corea |
Tempo no espazo | 8 días, 14 horas, 12 minutos e 30 segundos |
Actividade extravehicular | 21 de xullo de 1969-21 de xullo de 1969 Solo lunar (pt) : (2 horas e 31 minutos) |
Misión do astronauta | |
Familia | |
Cónxuxe | Carol Held Knight (1994–2012) Janet Shearon (1956–1994), divorcio |
Fillos | Rick Armstrong (en) () Janet Shearon |
Pais | Stephen Koenig Armstrong e Viola Louise Engel |
Cronoloxía | |
7 de agosto de 2012 | ponte aorto-coronária (pt) |
21 de xullo de 1969-21 de xullo de 1969 | walk on the Moon (en) |
Premios
| |
Participou nos programas de voos espaciais humanos da U.S. Air Force Man in Space Soonest e X-20 Dyna-Soar, e uniuse ao corpo de astronautas da NASA en 1962. Realizou o seu primeiro voo espacial, como piloto ao mando da Gemini 8, en 1966, converténdose no primeiro piloto civil da NASA en voar ao espazo. Nesa misión realizou o primeiro acoplamento de dúas naves espaciais, co piloto David Scott.
O segundo e derradeiro voo espacial de Armstrong foi como comandante de misión do Apollo 11, que aterrou na Lúa en xullo de 1969. Nesta misión, Armstrong e Buzz Aldrin descenderon á superficie lunar e pasaron dúas horas e media explorándoa, mentres Michael Collins permanecía na órbita do satélite no módulo de mando. Xunto con Collins e Aldrin, Armstrong foi galardoado coa Medalla Presidencial da Liberdade polo presidente Richard Nixon, o presidente Jimmy Carter outorgoulle a Medalla de Honra do Espazo do Congreso en 1978, e el e os seus compañeiros recibiron a Medalla de Ouro do Congreso en 2009.
Armstrong morre en Cincinnati, Ohio, o 25 de agosto de 2012, á idade de 82 anos, tras complicacións por unha operación de bypass nunha arteria coronaria.