pintor belga From Wikipedia, the free encyclopedia
Nestor Outer, nado en Virton o 2 de abril de 1865 e finado na mesma localidade o 30 de abril de 1930, foi un pintor e escritor belga na variedade gaumesa do lorenés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1865 Virton, Bélxica (pt) |
Morte | 30 de abril de 1930 (65 anos) Virton, Bélxica (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Bélxica |
Educación | Academia Real de Belas-Artes de Bruxelas (pt) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Fillo de pequenos comerciantes, dende moi novo se apaixonou coa pintura e estudou na Academia de Belas Artes de Bruxelas, e despois baixo a dirección do orientalista Jean-François Portaels. Logo de rematar os estudos en 1890 volveu á súa vila natal como profesor de debuxo; especializouse na pintura en acuarela con máis de 300 obras realizadas, aínda que tamén pintou unhas trinta ao óleo [1]. Na súa pintura predoniman os temas e paisaxes rurais locais mais tamén lle gustaban os temas orientais e exóticos, con temas recollidos das súas viaxes por Oriente e os países mediterráneos. Foi un dos fundadores e colaborou na revista literaria e humorística Le Gaumais[2][3] que se publicou entre 1903 e 1904. Durante a primeira guerra mundial a súa obra converteuse en testemuña dos acontecementos bélicos[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.