![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Gray756.png/640px-Gray756.png&w=640&q=50)
Neuroestética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A neuroestética é un fenómeno relativamente recente, unha subdisciplina ou escola da estética empírica. Esta disciplina ten como obxectivo o estudo das percepcións estéticas, da arte e da música ou das experiencias estéticas, a través dun enfoque científico.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Gray756.png/320px-Gray756.png)
Área motriz primaria | |
Área motriz suplementaria prefrontal | |
Área sensorial primaria | |
Área de asociación sensorial | |
Área auditiva primaria | |
Área visual primaria |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/AirTube_designed_and_photographed_by_Doron_Gazit.jpg/320px-AirTube_designed_and_photographed_by_Doron_Gazit.jpg)
A neuroestética utiliza técnicas da neurociencia en particular para experimentar e explicar experiencias estéticas a nivel neurolóxico. Segundo Yannick Bressan: “Nun sentido científico, a neuroestética é unha rama da neurociencia cognitiva que estuda precisamente as vías neuropsicolóxicas da creación artística. Permite unha mellor comprensión das fontes da creación pero tamén da súa elaboración psíquica e da necesidade do compromiso do artista, a adhesión emerxente (PAEm) do espectador e o papel do artista antes, durante e despois do acto creativo”.
Os pioneiros deste enfoque son Maurice Griveau, Semir Zeki, Vilayanur S. Ramachandran e Yannick Bressan. A neuroestética recibiu a súa definición formal en 2002 como o estudo científico das bases neuronais da contemplación e creación dunha obra de arte.[2] A neuroestética utiliza a neurociencia para explicar e comprender as experiencias estéticas a nivel neurolóxico. É un tema que atrae enfoques multidisciplinares, incluíndo os de neurólogos, historiadores da arte, artistas e psicólogos.
![Alt text](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/Mona_Lisa%2C_by_Leonardo_da_Vinci%2C_from_C2RMF_retouched.jpg/640px-Mona_Lisa%2C_by_Leonardo_da_Vinci%2C_from_C2RMF_retouched.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Juan_Gris_-_Still_Life_with_Fruit_Dish_and_Mandolin.jpg/640px-Juan_Gris_-_Still_Life_with_Fruit_Dish_and_Mandolin.jpg)