Neustria foi un reino da época merovinxia.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaNeustria

Localización
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación511 Editar o valor en Wikidata
Disolución977
751 Editar o valor en Wikidata

Pechar

Á morte de Clodoveo I (Clovis, en francés) o Grande, rei dos francos (561), este dividiu o Regnum Francorum entre os seus fillos. A Clotario I o Vello deulle Neustria, a Teodorico I deulle Austrasia, a Sexismundo deulle Borgoña e a Khildeberto I deulle París.

O territorio de Neustria cubría a rexión noroeste da actual Francia, e a súa capital era Soissons.

Con todo, o termo Neustria (derivado de Niuster «o máis novo») só parece xurdir un século despois. O triunfo de Clotario II en 613 foi o triunfo de Neustria, á que se anexou a Aquitania. Pero, trala morte de Clotario III, Neustria foi sometida a un rei imposto por Austrasia, e dese modo Aquitania pasou a ser independente en 670. Ebroïn fixo o intento de volver dar a Neustria o estatuto de reino independente, pero durou pouco tempo, pois foi vencido en 687 en Testry, aldea de Picardía situada 13 km ao sur de Péronne, por Pipino, duque de Austrasia. A partir de entón, Neustria pasou a ser un estado vasalo de Austrasia, dirixido pola casa de Heristral. Con todo, a distinción entre Neustria, Austrasia ou Borgoña subsistiu, aínda que tendendo a perderse; así, tralo tratado de Verdún de 843, o nome de Neustria designaba apenas o oeste da Baixa Neustria. Finalmente perdeu o seu nome para tomar o de Normandía (en francés, Normandie, orixinalmente Northmannie), unha vez que foi cedida ao normando Rollon en 912.

Longobardos

Co nome de Neustria tamén se coñeceu unha parte do territorio ocupado polos longobardos no norte da Península italiana. Para este uso ver este artigo.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.