From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicolaas Bloembergen, nado en Dordrecht o 11 de marzo de 1920 é un físico neerlandés e nacionalizado estadounidense laureado co Premio Nobel de Física.
Bloembergen matriculouse en 1938 na Universidade de Utrecht para estudar física. Abandonou os Países Baixos, devastados pola segunda guerra mundial en 1945, para realizar estudos de grao na Universidade Harvard. Seis semanas despois da súa chegada, o profesor de Harvard Edward M. Purcell (xunto cos estudantes Torrey e Pound) descubriu a resonancia magnética nuclear. Bloemberg foi contratado para desenvolver a primeira máquina baseada neste principio. En Harvard recibiu clases de J. Schwinger, J. H. van Vleck, e E. C. Kemble.
Realizou unha tese de doutoramento sobre a relaxación magnética nuclear que foi entregada na Universidade de Leiden, pola que obtivo o título de doutor en 1948. Despois dun breve período de investigación posdoutoral con C. J. Gorter nos Países Baixos, incorporouse á Universidade Harvard onde se fixo profesor asociado en 1951. En 1958 conseguiu a cidadanía estadounidense.
Foi galardoado coa Medalla Lorentz en 1978. En 1981 compartiu o Premio Nobel de Física con Arthur Schawlow e Kai Siegbahn polo seu traballo en espectroscopia con láser. Bloemberg e Schawlow investigaron propiedades da materia indetectables sen láser. Ademais, Bloemberg modificara anteriormente o máser de Charles Townes. Pertence ao corpo docente da Universidade de Arizona.
Bloembergen pertence á prolífica liña académica de J. J. Thomson, seguindo os pasos doutros laureados co Premio Nobel, comezando por Lord Rayleigh (Premio Nobel de Física en 1904) e o propio J. J. Thomson (Premio Nobel de Física en 1906), continuando con Ernest Rutherford (Premio Nobel de Química en 1908), Owen Richardson (Premio Nobel de Física en 1928) e rematando co seu mentor Edward Purcell (Premio Nobel de Física en 1952). Entre outras das súas influencias, destacan John van Vleck (Premio Nobel de Física en 1977) e Percy Bridgman (Premio Nobel de Física en 1946).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.