Nikon (patriarca de Moscova)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nikon (en ruso: Ни́кон, en ruso antigo: Нїконъ), nado Nikita Minin (Никита Минин) en Valmanovo (óblast de Nizhnii Novogorod) o 7 de maio de 1605 e finado en Iaroslavl o 17 de agosto de 1681 foi o sétimo Patriarca de Moscova e de todas as Rusias da Igrexa ortodoxa rusa, actuando oficialmente entre 1652 e 1666. Foi recoñecido pola súa elocuencia, enerxía, piedade e as súas ligazóns próximas co tsar Alexis. Nikon introduciu moitas reformas que eventualmente levou ao cisma coñecido como Raskol na igrexa ortodoxa rusa. Durante moitos anos foi unha figura política dominante, en ocasións igualando ou mesmo superando o tsar. As súas reformas litúrxicas foron impopulares entre os conservadores. O grupo opositor das reformas de Nikon é coñecido como staroviery (vellos crentes) ou raskólniki (cismáticos), que defenden o uso das oracións antigas.[1] En decembro de 1666, Nikon foi xulgado por un sínodo de oficiais da igrexa, retirándolle todas as súas funcións sacerdotais e reduciuno ao status de simple monxe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1605 (Xuliano) Q18769961 |
Morte | 17 de agosto de 1681 (Xuliano) (76 anos) Iaroslavl (pt) |
Lugar de sepultura | New Jerusalem Monastery (en) |
7º Patriarca de Moscova e de todas as Rusias | |
1652 – 1658 ← Patriarch Joseph (en) – Pitirim of Krutitsy (en) → | |
Bishop of Novgorod (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Tsarato ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Lingua | Lingua rusa |