From Wikipedia, the free encyclopedia
Eleanor Marie Robertson, nada en Silver Spring (Maryland) o 10 de outubro de 1950, é unha escritora de best-sellers estadounidense,[1] dentro do xénero da novela romántica e de suspense co nome de Nora Roberts e de literatura fantástica co nome de J. D. Robb. Foi a primeira escritora incluída no Salón da Fama dos Escritores Románticos dos Estados Unidos. A partir de 2011, as súas novelas totalizaron 861 semanas na Lista de Best-Sellers do New York Times, incluíndo 176 semanas na posición número un.[2]
(2007) | |
Nome orixinal | (en) Eleanor Marie Robertson Aufem-Brinke Wilder |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Eleanor Marie Robertson 10 de outubro de 1950 (73 anos) Silver Spring, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Residencia | Boonsboro (pt) (1989–) Keedysville (pt) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Montgomery Blair High School (en) (–1968) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e literature for women (en) |
Lugar de traballo | Maryland |
Ocupación | novelista , empresaria , legal secretary (en) , escritora , guionista , escritora de ciencia ficción , filántropa |
Período de actividade | 1981 - |
Xénero artístico | Novela romántica, thriller novel (en) , futuristic novel (en) e romance de fantasia (pt) |
Pseudónimo literario | J.D. Robb Sarah Hardesty Nora Roberts Jill March |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Páxina web | noraroberts.com |
|
Publicou tamén unha historia nunha revista co pseudónimo de Jill March. Ademais, na súa publicación no Reino Unido, a serie Born In foi editada co pseudónimo de Sarah Hardesty, mais non volveu traballar con ese editor.
Eleanor Marie Robertson foi a menor e única nena de cinco irmáns. Foi educada durante un tempo nunha escola católica antes de casar moi nova con Ronald Aufem-Brinke contra os desexos dos seus pais[3] e establecerse en Keedysville, Maryland. Traballou como secretaria legal, mais despois do nacemento dos seus dous fillos permaneceu na casa. O matrimonio acabou en divorcio en 1983.
Comezou a escribir durante unha tormenta en febreiro de 1979,[4][5] e a súa primeira novela, Irish Thoroughbred, apareceu en 1981, publicada por Silhouette. Para asinar as súas novelas románticas empregou o diminutivo do seu nome e apelidos, Nora Roberts.[3]
Coñeceu o seu segundo marido, Bruce Wilder, cando o contratou para que lle fixese unhas baldas. Casaron en xullo de 1985.
Baixo o pseudónimo de J. D. Robb, Roberts tamén escribe a serie In Death de ciencia ficción sobre temas policíacos. Protagonízanas a detective Eve Dallas e o seu home Roarke e teñen lugar a mediados do século XXI en Nova York.[6] As iniciais "J. D." son dos seus fillos, Jason e Dan, mentres que "Robb" é unha forma apocopada de Robertson. Ao comezar a serie, escollera o pseudónimo de D. J. MacGregor, mais cambiouno porque xa o empregara outro autor.[4]
Roberts é célebre por ser moi prolífica. En 1996 superou as cen novelas con Montana Sky. Escribe oito horas cada día, todos os días.[7] Moitos lectores e estudosos da ficción romántica atribúen a transformación cara a unha heroína romántica máis forte en parte á habilidade de Roberts para desenvolver personaxes e narrar unha boa historia.
En 1997, outra novelista romántica, Janet Dailey, admitiu que copiou repetidamente a obra de Roberts. Esta práctica descubriuse cando unha lectora de Roberts leu Sweet Revenge, de Roberts, e Notorious, de Daley; ao comparalas, notou os parecidos e colgou en Internet as pasaxes parecidas.[8] Roberts recibiu unha compensación económica que dedicou a causas literarias.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.