Notación científica
método de escribir números en forma exponencial / From Wikipedia, the free encyclopedia
A notación científica é unha forma de escribir os números que acomoda valores demasiado grandes (100000000000) ou pequenos (0,00000000001)[1] para seren escritos de forma convencional.[2] O uso desta notación baséase en potencias de 10[3] (os casos exemplificados anteriormente en notación científica, quedarían 1×1011 e 1×10−11, respectivamente).
Un número escrito en notación científica segue o seguinte padrón:
O número m denomínase "mantisa" e n é a "orde de magnitude".[4] A mantisa, en módulo, debe ser maior ou igual a 1 e menor que 10, e a orde de magnitude, dado como expoñente, é o número que máis varía segundo o valor absoluto.[5]