From Wikipedia, the free encyclopedia
Novo Mundo é un dos nomes dados ao hemisferio occidental, máis especificamente ao continente americano. O termo ten as súas orixes nos finais do século XV en razón do descubrimento de América por Cristovo Colón.
O descubrimento deste novo continente expandiu o horizonte xeográfico dos europeos que até entón consideraban a Europa, a África e a Asia como os únicos constituintes do Mundo. En contraste co Novo Mundo, os continentes europeo, africano e asiático formaban o Vello Mundo. Á súa vez, a Oceanía descuberta algúns séculos despois, ficou coñecida como Novísimo Mundo.
Pedro Mártir de Angleria creou o termo Novo Mundo[1] (novi orbis) nunha carta de novembro de 1492, na cal se refería á primeira viaxe de Colombo a América[2]. O ano seguinte de Angleria refírese novamente ao Novo Mundo (orbis novus)[3]. En 1516, de Angleria publica o libro De orbe novo ("Sobre o Novo Mundo").
O termo foi tamén utilizado por Giovanni da Verrazzano na descrición da viaxe que efectuou en 1524 ao longo da costa atlántica de América do Norte (as actuais costas Leste dos Estados Unidos e do Canadá)[4].
Novo Mundo pódese referir a outras cousas máis específicas, como:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.