Nunca Máis
plataforma creada en resposta ao afundimento do Prestige / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nunca Máis é unha plataforma creada en 2002 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Nunca Máis | |
---|---|
Tipo | Ecoloxismo |
Data de fundación | 21 de novembro de 2002 |
País | España |
Na rede | |
http://www.plataformanuncamais.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.
Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.[1]