Némese
deusa da mitoloxía grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Némese[1], (Νέμεσις / ''Némesis''), chamada Ramnusia -“a deusa de Ramnunte”- no santuario que ten nesa cidade da Ática, é a deusa da xustiza retributiva, a solidariedade, a vinganza, o equilibrio e a fortuna. Salvagarda da xusta medida, castigaba toda conduta desordenada dos seres humanos, así como os seus apetitos aberrantes, os que non obedecían a aquelas persoas con dereito a mandalas e, sobre todo, os fillos que non obedecían aos seus pais. Recibía os votos e xuramentos secretos do seu amor e vingaba os amantes infelices ou desgraciados polo perxurio ou a infidelidade do seu amante.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Nome orixinal | (grc) Νέμεσις |
---|---|
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Patrón de | Pena |
Familia | |
Parella | Zeus |
Fillos | Telquines (pt) , Helena |
Pais | Erebo e Océano e Nicte e Tetis |
A súa equivalente romana, case en todo, era Envexa.
En varias linguas romances úsase a palabra némese co significado de alguén que é artífice dunha vinganza en canto é a xustiza retributiva.