Kitāb al-Shifāʾ
obra de Avicena / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kitāb al-Shifā’ (árabe: كتاب الشفاء; latín: Sufficientia; lit. "O libro da curación" ou "O libro da cura") é unha enciclopedia filosófica e científica escrita por Abu Ali ibn Sīna (coñecido en Occidente como Avicena). A súa elaboración comezou contra o 1014, e rematou arredor do 1020; porén, non foi publicado até o 1027.[1][2]
Kitāb al-Shifāʾ کتاب الشفاء | |
---|---|
Autor/a | Avicena |
Orixe | Persia |
Lingua | Lingua árabe |
Tema(s) | Filosofía, lóxica, ciencias naturais, matemáticas e metafísica |
Xénero(s) | Enciclopedia |
Data de pub. | 1027 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Crese que foi escrito para servir como compendio de todos os coñecementos filosóficos do seu autor.[3] En efecto, consta de catro partes principais que tratan, en orde e con amplo detalle, de lóxica, física, matemáticas e metafísica.
O texto árabe, recompilado a partir de varios manuscritos de orixe diversa, foi editado por varios arabistas, entre os que destaca principalmente George Anawati, e publicado en varios volumes en O Cairo entre 1953 e 1983.
No século XIII apareceu unha tradución ao latín en Toledo, pero non será até 1907 cando apareza outra versión nalgún idioma europeo, esta vez en alemán.[4]
Partes do texto, notabelmente a metafísica, traducíronse tamén ao francés, ao inglés e ao italiano. Non existe aínda unha tradución ao galego.