filme de 1932 dirixido por George Cukor From Wikipedia, the free encyclopedia
O prezo de Hollywood (en inglés: What Price Hollywood?) é un filme estadounidense de 1932 dirixido por George Cukor e protagonizado por Constance Bennett e Lowell Sherman. O guión é obra de Gene Fowler, Rowland Brown, Jane Murfin e Ben Markson, e baséase na historia de Adela Rogers St. Johns e Louis Stevens. O resto do elenco está composto por Neil Hamilton, Gregory Ratoff, Brooks Benedict, Louise Beavers e Eddie "Rochester" Anderson.
O prezo de Hollywood | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | What Price Hollywood? |
Director | George Cukor |
Produtor | Pandro S. Berman David O. Selznick |
Guión | Jane Murfin Ben Markson Allen Rivkin (sen acreditar) |
Intérpretes | Constance Bennett Lowell Sherman |
Música | Max Steiner |
Fotografía | Charles Rosher |
Montaxe | Del Andrews Jack Kitchin |
Estudio | RKO Pathé |
Distribuidora | RKO-Pathé Distributing Corp. |
Estrea | 2 de xuño de 1932 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 416 000 dólares[1] |
Recadación | 571 000 dólares[1] |
Na rede | |
A camareira do Brown Derby Mary Evans é unha aspirante a actriz que ten a oportunidade de coñecer o director de cinema Maximillan Carey cando o atende unha noite. Está moi bébedo pero séntese engaiolado pola moza e invítaa a unha estrea no Grauman's Chinese Theatre.
O título orixinal do filme era The Truth about Hollywood. Adela Rogers St. Johns baseou vagamente o argumento nas experiencias da actriz Colleen Moore e do seu marido, o produtor alcohólico John McCormick (1893-1961), e na vida e morte do director Tom Forman, que se suicidou tras unha crise nerviosa.[2]
O produtor David O. Selznick quería a Clara Bow como protagonista feminina,[3] mais os executivos de RKO en Nova York dubidaban en investir nunha historia de Hollywood porque proxectos similares fracasaran no pasado. Cando Selznick os convenceu de que o filme tiña potencial, Bow estaba a traballar noutro filme.[4]
Catro anos despois da estrea do filme, Selznick achegouse a Cukor e pediulle que dirixise a versión de 1937 de Naceu unha estrela protagonizada por Janet Gaynor e Fredric March. A trama era tan semellante a O prezo de Hollywood que Cukor rexeitou o ofrecemtno. Os directivos de RKO consideraron presentar unha demanda de plaxio contra Selznick International Pictures debido ás evidentes similitudes na historia, mais finalmente optaron por non emprender accións legais.[5][6] Posteriormente, Cukor dirixiu unha versión musical de A Star Is Born en 1954 protagonizada por Judy Garland e James Mason.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.