Océano Ártico
menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra / From Wikipedia, the free encyclopedia
O océano Ártico,[1] tamén coñecido como océano Glacial Ártico,[2] é a menor das cinco grandes divisións oceánicas do planeta Terra.
Océano Ártico | |
---|---|
Localización xeográfica | |
Continente | América, Europa e Asia |
Xeografía | |
Illas interiores | Groenlandia, Ellesmere, Nova Zembla, Baffin, Victoria, Melville, Devon |
Características | |
Superficie | 14 090 000 km² |
Profundiade máxima | 5 450 m (abismo Litke) |
Profundidade media | 1 500 m |
Mapa | |
Está situado no hemisferio norte, na súa gran maioría na rexión polar ártica. A Organización Hidrográfica Internacional recoñece o Ártico como un océano, se ben é chamado por parte da oceanografía mar Ártico Mediterráneo ou simplemente mar Ártico, clasificándoo como un dos mares mediterráneos do océano Atlántico.[3] Por outro lado, o océano Ártico pode ser visto como o lobo norte do océano Mundial.
Case completamente envolvida por Eurasia e por América do Norte, o océano Ártico está parcialmente cuberto por xeo durante todo o ano: case por completo no inverno, se ben no comezo do século XXI a superficie cuberta por xeo é de só entre 1/3 e 1/2 a finais do verán. A temperatura e a salinidade do océano Ártico varían segundo esta cobertura de xeo se derrete e conxela;[4] a media de salinidade é a máis baixa en comparación cos cinco grandes océanos, debido á baixa evaporación, ao fluxo pesado de auga doce de ríos e correntes, e a conexión limitada con augas oceánicas de salinidade máis elevada. No verán o nivel do xeo diminúe nun 50 %.[5] O National Snow and Ice Data Center (NSIDC) usa datos de satélite para fornecer un rexistro diario da cobertura de xeo do Ártico e a taxa de fusión, en comparación cun período medio dos últimos anos.