From Wikipedia, the free encyclopedia
A odontoloxía[1] é unha rama da medicina que se encarga do diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades do aparello estomatognático, o cal inclúe os dentes, as enxivas, a lingua, o padal, a mucosa oral, as glándulas salivares e outras estruturas anatómicas implicadas, coma os beizos, as amígdalas, a orofarinxe e a articulación temporomandibular.
As enfermidades afectaron a humanidade dende os seus mesmos inicios, en especial a aguda dor de dentes producida por unha carie profunda ou un absceso periapical. Moitos médicos ao longo da historia practicaron técnicas de curación e rehabilitación: o rexistro máis antigo que existe sobre unha práctica primitiva exipcia da odontoloxía data de hai 5000 anos. Hessie-Re é considerado o primeiro dentista coñecido da historia, unha inscrición exipcia en madeira móstrao como xefe de médicos da corte. Aristóteles (384 a. C.- 322 a. C.) tratou sobre algúns aspectos odontolóxicos, por exemplo procedementos de esterilización empregando un arame quente para tratar as enfermidades dos dentes e dos tecidos orais, tamén disertou sobre a extracción dental e o uso de arames para estabilizar fracturas maxilares e ligar dentes perdidos.
Durante a Idade Media, a profesión foi asumida polos barbeiros quen ademais doutros servizos, realizaban as sangrías e as extraccións dentais dos clientes con dor. O doutor francés Pierre Fauchard (1678-1761) é considerado o pai da odontoloxía moderna, polas súas achegas a esta ciencia, particularmente pola profesionalización da práctica dental e a publicación en 1728 da súa obra "Le chirugien dentiste; o, traité des dents” (o cirurxián dentista; ou tratado sobre os dentes). Pierre Faucharde foi dentista persoal de Lois XIV e ten un museo dedicado en París. En decembro de 1844, Horance Wells, dentista de Hartforde, Connecticut, utilizou por primeira vez o óxido nitroso, como anestésico para a extracción de pezas dentais.
A Federación Dental Internacional proclamou o 20 de marzo como o Día Mundial da Saúde Bucodenta (ou da Saúde Oral) [2].
O doutor John M. Harris inaugurou a primeira escola dental en Bainbridge, Ohio, e axudou a establecer a odontoloxía como profesión sanitaria. Abriu o 21 de febreiro de 1828, e na actualidade é un museo dental.[3] A primeira facultade, Baltimore College of Dental Surgery, abriu en Baltimore en 1840 e a segunda dos Estados Unidos foi a Philadelphia College of Dental Surgery, fundada en 1852.[4] En 1907, a Universidade Temple aceptou a incorporación da escola.
Os estudos mostran que dentistas que se gradúan en diferentes países,[5] ou mesmo de diferentes escolas dun país,[6] poden facer decisións clínicas diferentes das mesmas condicións clínicas. Por exemplo, os dentistas graduados en escolas dentais de Israel adoitan recomendar a extracción da moa do xuízo sen síntomas máis habitualmente cós graduados de Latinoamérica ou Europa oriental.[7]
No Reino Unido, a acta de dentistas británicos de 1878 e o rexistro de dentistas de 1879 limitou o título de "dentista" e "cirurxián dental" a practicantes cualificados e rexistrados.[8][9] Porén, outras persoas podían describirse legalmente como "expertos dentais" ou "consultores dentais".[10] A práctica da odontoloxía no Reino Unido foi regulada completamente pola acta dos dentistas de 1921, que requiría o rexistro de calquera persoa que practicase a odontoloxía.[11] A British Dental Association, creada en 1880 con Sir John Tomes de presidente, interpretou un importante papel perseguindo dentistas que practicaban ilegalmente.[8]
A odontoloxía ten establecidas varias especialidades:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.