Baltimore

cidade do estado estadounidense de Maryland From Wikipedia, the free encyclopedia

Baltimoremap
Remove ads

Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.

Datos rápidos Alcume, Epónimo ...
Remove ads

Historia

Thumb
Faro de Baltimore

Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de 1729, Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1 500 edificios.

Remove ads

Xeografía

Baltimore está no centro norte do estado de Maryland, á beira do río Patapsco preto da súa desembocadura na baía de Chesapeake. A cidade localízase nunha discordancia entre a chaira de Piedmont e a chaira costeira do Atlántico, que divide Baltimore na "cidade baixa" e na "cidade alta", nun rango que vai do nivel do mar ata os 480 m no nordeste nas proximidades de Pimlico.[1]

Segundo o censo de 2010, a cidade ten unha superficie total de 239 km 2, 210 de terra e 29 de auga.[2]

Baltimore está case completamente rodeada polo condado de Baltimore, tan só polo sur limita co condado Anne Arundel.

Remove ads

Irmandamentos

Véxase tamén

Outros artigos

Thumb
Imaxe da baía e o porto de Baltimore.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads