Onda mecánica
perturbación da materia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha onda mecánica é unha perturbación das propiedades mecánicas dun medio material (posición, velocidade e enerxía dos seus átomos ou moléculas) que se propaga nun medio.
Todas as ondas mecánicas requiren de:
- Algunha fonte que cree a perturbación.
- Un medio no que se propague a perturbación.
- Algún medio físico a través do cal elementos do medio poidan influír un noutro.
O son é o exemplo máis coñecido de onda mecánica, que nos fluídos se propaga como onda lonxitudinal de presión. Os terremotos, tamén, modelízanse como ondas elásticas que se propagan polo terreo. Por outra parte, as ondas electromagnéticas non son ondas mecánicas, pois non requiren un material para propagarse, xa que non consisten na alteración das propiedades mecánicas da materia (aínda que poidan alteralas en determinadas circunstancias) e poden propagarse polo espazo libre (sen materia).