Operación Barbarossa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Operación Barbarossa (alemán: Unternehmen Barbarossa) foi o nome en código da invasión da Unión Soviética por parte das potencias do Eixe, que comezou o domingo 22 de xuño de 1941 durante a segunda guerra mundial. A operación puxo en acción o obxectivo ideolóxico da Alemaña nazi de conquistar o oeste da Unión Soviética e repoboalo con alemáns. O Generalplan Ost alemán tiña como obxectivo o uso de man de obra esclava para o esforzo de guerra do Eixe mentres adquía as reservas de petróleo do Caucaso e os recursos agrícolas de varios territorios da Unión Soviética. O obxectivo final incluía o eventual exterminio, escravización, xermanización e deportación masiva a Siberia dos pobos eslavos para crear máis espazo vital (Lebensraum) para Alemaña.[1][2]
Operación Barbarossa | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
Alemaña Romanía Finlandia Reino de Italia Reino de Hungría República Eslovaca |
Unión Soviética | ||||||||
Comandantes | |||||||||
Adolf Hitler Walther von Brauchitsch Hermann Göring Franz Halder Fedor von Bock Gerd von Rundstedt W. Ritter von Leeb Ion Antonescu C.G.E. Mannerheim |
Iosif Stalin Georgii Zhukov Aleksandr Vasilevsky Semyon Budyonny Kliment Voroshilov Semyon Timoshenko Markian Popov Fyodor Kuznetsov Dmitry Pavlov Ivan Tyulenev Mikhail Kirponos | ||||||||
Nos dous anos previos á invasión, Alemaña e a Unións Soviética asinaran pactos políticos e económicos para propósitos extratéxicos. Porén, o Alto Mando Alemán comezou a planear unha invasión da Unión Soviética en xullo de 1940 (baixo o níme en código de Operación Otto), que Adolf Hitler autorizou o 18 de decembro de 1940. Durante o curso da operación uns 3 millóns de soldados do Eixe (a maior forza de invasión da historia) invadiron o oeste da Unión Soviética nunha fronte de 2 900 km de longo, con 600 000 vehículos a motor e máis de 600 000 para operacións en retagarda. A ofensiva marcou unha escalada na segunda guerra mundial, tanto xeograficamente como na formación da Coalición Aliada onde se incluía á Unión Soviética.
A operación abriu a fronte oriental, na cal combateron máis forzas que en calquera teatro bélico da historia. A zona foi testemuña dalgunhas das batallas máis grandes nunca vistas, de terroríficas atrocidades, e dunha gran cantidade de baixas nos dous bandos. Todos estes factores influenciaron o curso da segunda guerra mundial e da posterior historia do século XX. Os exércitos alemán capturaron uns 5 millóns de soldados soviéticos,[3] morrendo a meirande parte deles durante o seu cativerio. Os nazis deixaron morrer de fame ou mataron a 3,3 millóns de prisioneiros de guerra e a un gran número de civís, xa que o Plan da Fame (Hungerplan) traballaba para solucionar os problemas da escaseza de alimentos alemá e para exterminar a poboación eslava por fame.[4] Os alemáns, xunto con colaboracionistas, tamén levaron a cabo execucións masivas e operacións de gaseado matando ao redor dun millón de xudeus soviéticos como parte do Holocausto.[5]
O fracaso da Operación Barbarossa reverteu a sorte do Terceiro Reich.[6] Operacionalmente, as forzas alemás acadaron vitorias significativas e ocuparon algunhas das áreas económicas máis importantes da Unión Soviética (principalmente Ucraína) e causaron fortes baixas. A pesar deses éxitos iniciais, a ofensiva alemá estancouse na batalla de Moscova a finais de 1941, e a posterior contraofensiva soviética no inverno fixo que os alemáns tivesen que retroceder. Os alemáns estaban seguros dun rápido colapso da resistencia soviética como ocorrera en Polonia, pero o Exército Vermello absorbeu os golpes máis fortes da Wehrmacht e atascouna nunha guerra de desgaste para a cal os alemáns non estaban preparados. As diminuídas forzas da Wehrmacht non puideron atacar mais ao longo de toda a fronte do leste, e as operacións posteriores para recuperar a iniciativa e afondar en territorio soviético, como a Fall Blau en 1942 e a Zitadelle en 1943, finalmente fallaron, resultando na retirada e colapso da Wehrmacht.