From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínanse Organismos Públicos de Investigación (OPIs) de España aquelas institucións creadas pola Administración Xeral do Estado para a execución directa de actividades de investigación científica e técnica e actividades de prestación de servizos tecnolóxicos.[1]
Foron creados de acordo coa Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación (BOE núm. 131, de 2 de xuño de 2011).[2]
Ademais das sinaladas no cabeceiro do artigo, son competencia dos OPIs aquelas outras actividades de carácter complementario, necesarias para o adecuado progreso científico e tecnolóxico da sociedade, que lles sexan atribuídas pola lei ou polas súas normas de creación e funcionamento. Ademais, o Instituto de Salud Carlos III realizará actividades de financiamaento da investigación científica e técnica.[1]
A lei de fundación establece o marco para o fomento da investigación científica e técnica e os ses instrumentos de coordinación xeral, co fin de contribuír á xeración, difusión e transferencia do coñecmento para resolver os problemas esenciais da sociedade. O obxectivo fundamental é a promoción da investigación, o desenvolvemento experimental e a innovación como elementos sobre os que ten que asentarse o desenvolvemento económico sostíbel e o benestar social.[2]
Os obxectivos xerais da lei fundacional son os seguintes:[2]
Teñen a condición de Organismos Públicos de Investigación da Administración Xenal do Estado:[1]
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades encárgase da coordinación das actuacións dos OPIs.
Hai uns meses o ministro de Ciencia, Pedro Duque, informou por carta ao persoal do IEO, do INIA e do IGME, da preparación dun Real Decreto no que se incluiría a estes Organisnmos de Investigación dentro da estrutura da Axencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, o que causou inquietude entre o persoal destes organismos, especialmenrte nos do IEO, e tamén no sector pesqueiro, que xa sospeitaban esta integración e xa manifestaran, ambos os grupos, convencidos de que esta dilución iría en detrimento do asesoramento pesqueiro que o IEO subministraba ao sector da pesca. Duque asegurou que non, que este paso dase «convencidos de que é a mellor opción para aumentar as capacidades da investigación española e para mellorar a xestón científica e administrativa destes tres organismos». Tras este plural que declina o ministro, agóchanse as «opinións e propostas de investigadores, técnicos, xestores e representantes sindicais dos tres OPI», e engloba tamén aos técnicos do ministerio que analizarron a situación de colapso administrativo e de xestión que afecta aos tres entes, pero máis acusado, se cabe, no caso do IEO, inmerso nunha crise que levou por diante á mesma cúpula do Instituto, agora renovada. A conclusión é que a absorción, que xa estaba avanzada na Lei da Ciencia do 2011, subministrará a estes organismos unha estrutura científica e administrativa máis áxil e flexíbel que lles permitirá realizar unha investigación de excelencia para «unha óptima prestación de servizos esenciais para a nosa economía». É precisamente esta excelencia a que preocupa aos científicos do IEO e inquieta a armadores e pescadores; sosteñen que este "modelo competitivo", que prima a publicación en revistas científicas de impacto e o currículo persoal, vai acabar debilitando, sexa a medio ou a longo prazo, o carácter sectorial e a función de asesoramento que acompaña ao Instituto desde a súa fundación, «á xente non lle vai quedar máis remedio que adaptarse á nova situación laboral e modificar o perfil profesional para buscar a excelencia», din fontes do persoal do IEO, e iso non vén dado polos días de campaña de pesca ou as reunións internacionais de asesoramento, co que terán máis dificultades para promocionar e mellorar salarialmente. Pero Duque argumenta que os OPI manterán os «seus centros, institutos e laboratorios, salvagardando a súa identidade histórica, o seu orzamento operativo e as súas capacidades de investigación e de asesoramento científico-técnico» ás institucións do Estado e aos sectores produtivos; incluso o persoal conservará o seu corpo ou escala, antigüidade, grao e retribucións que tiveran consolidadas, e cos mesmos dereitos e obrigas. É mais, desde o ministerio apuntan que o real decreto que está a preparar, a nova estrutura mantén os organismos que estaban representados no consello reitor que, tras a absorción, pasará a denominarse "comisión coordinadora de investigación". En definitiva, que os cambios redundarán nunha «investigación mellor», creando sinerxias cos centros do CSIC que traballan nos mesmos ámbitos, o que dará «maior capacidade para abordar proxectos máis ambiciosos» e captar fondos en convocatorias nacionais e internacionais.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.