Ortro
can mitolóxico, de dúas cabezas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ortro ou Orto [1] era un can monstruoso, con dúas cabezas, irmán de Cérbero (este, de tres cabezas). Era fillo, como Cérbero, de Equidna e Tifón.
Uníndose á súa nai, Equidna, enxendrou á Esfinxe. Segundo Hesíodo, tiveron a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles) [2].