![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Incretins_and_DPP_4_inhibitors.svg/langgl-640px-Incretins_and_DPP_4_inhibitors.svg.png&w=640&q=50)
Péptido similar ao glicagón 1
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1) é unha hormona peptídica derivada do produto de transcrición do xene do proglicagón. A principal fonte de GLP-1 no corpo son as células L intestinais que secretan GLP-1 como hormona intestinal. As formas bioloxicamente activas do GLP-1 son: o GLP-1-(7-37) e o GLP-1-(7-36)NH2, os cales se orixinan polo corte selectivo da longa molécula do proglicagón.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Incretins_and_DPP_4_inhibitors.svg/320px-Incretins_and_DPP_4_inhibitors.svg.png)
A secreción de GLP-1 polas células L do íleo depende da presenza de nutrientes no lume do intestino delgado. Os secretagogos (axentes que causan ou estimulan a secreción) desta hormona inclúen os principais nutrientes como os carbohidratos, proteínas e lípidos. Unha vez que está en circulación, o GLP-1 ten unha vida media de menos de 2 minutos, debido á súa rápida degradación polo encima dipeptidil peptidase-4.
É unha potente hormona antihiperglicémica, inducindo unha estimulación da secreción insulina dependente da glicosa e suprimindo a secreción de glicagón. Esta acción dependente da glicosa é especialmente interesante porque, cando a concentración de glicosa está no seu rango normal no xaxún, o GLP-1 xa non estimula a insulina para causar hipoglicemia. O GLP-1 parece restaurar asensibilidade á glicosa das células pancreáticas β, por medio dun mecanismo que posiblemente implica o incremento da expresión de GLUT2 e glicoquinase. Tamén se sabe que o GLP-1 inhibe a apoptose das células pancreáticas β e estimula a proliferación e a diferenciación das células β secretoras de insulina. Ademais, o GLP-1 inhibe a secreción e motilidade gástrica. Isto atrasa e prolonga a absorción de carbohidratos e exerce un efecto saciante.