From Wikipedia, the free encyclopedia
A paleobotánica, tamén chamada ás veces fitopaleontoloxía, é a ciencia que ten por obxecto o estudo dos restos fósiles e das pegadas dos vexetais (en sentido amplo) para facerse cargo da morfoloxía, estrutura, ecoloxía, época nas que se desenvolveron, etc., das plantas doutros tempos xeolóxicos. Debido a que a súa práctica require métodos especiais, constitúe unha disciplina independente que, en esencia, vén a completar a sistemática vexetal coa achega de datos a miúdo de importancia extraordinaria no estudo as afinidades das plantas e as súas relacións filoxenéticas. Por iso hoxe en día non se considera distinta da sistemática botánica máis que polos seus métodos de traballo (que son fundamentalmente os da paleontoloxía).[1]
Desde a perspectiva da tafonomía vexetal,[2][3] os restos atravesan as tres etapas da taxonomía clásica: necrobiose, bioestratinomía e fosildiaxénese e, dependendo de como se preservaran no sedimento unha vez atravesados todos os filtros tafonómicos, é posíbel diferenciar:
Impresións e compresións: este tipo de fosilización dáse cando os vexetais se imprimen no sedimento deixando a súa pegada e a cor do resto fósil é idéntica á da rocha portadora. Tamén se denominan improntas.
Moldes e contramoldes: sucede cando as partes das plantas con máis volume se enterran no sedimento. Se a materia orgánica se destrúe quedará un espazo deixado polo tronco. Se este oco se rechna con sedimento, fórmase eomolde, e o sedimento que o rodea constitúe o contramolde.
Permineralizacións ou mineralización: dáse cando os tecidos quedan impregnados de minerais como a sílice ou o carbonato de calcio. Normalmente imprégnanse as células despois da destrución do seu contido. Tamén poden encontrarse froitos e sementes mineralizados que son obxecto de estudo dentro da disciplina coñecida como paleocarpoloxía.
Carbonización: ao morrer a planta ou caer un resto da mesma nun ambiente pantanoso ou redutor, nun medio con pouco oxíxeno, os hidratos de carbono que constitúen a celulosa descompóñense lentamente, desprendendo metano e anhídrido carbónico. Esta forma de fosilización ten distintas etapas a través de períodos moi longos de tempo, formándose distintos materiais: turba, que é o carbón vexetal menos transformado, é unha substancia amourada de aspecto esponxoso, lignito, hulla e antracita, que é o carbón mineral máis transformado.
Ámbar e copal: son resinas fósiles que poden conter no seu interior diversos elementos da flora ou a fauna do momento previo á fosilización.
Pole e esporas fósiles: células sexuais estudadas poa paleopalinolocía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.