Palmeiral de Elx
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palmeiral de Elx (Palmerar d'Elx en valenciano), situado en Elx (Alacant), é unha grande extensión de palmeiras dentro do centro urbano da cidade. É o palmeiral máis grande de Europa, e no mundo só lle superan algúns palmeirais árabes.[1] O principal tipo de palmeira que se atopa é a chamada Phoenix dactylifera que foi levado alí polos musulmáns cando ocuparon a Península Ibérica. A palmeira ou palma cotízase moi ben no mercado español e tamén nas exportacións clandestinas; é moi importante a industria datilera e a confección de palmas, que son as súas ramas levadas a un proceso especial de secado.
Palmeiral de Elx | |
---|---|
Conxunto de palmeiras no parque municipal de Elx | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España |
Localización | 38°16′10″N 0°41′54″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, V |
Inscrición | 2000 (24ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 930 |
En 2005 detectouse que había exemplares de palmeiras infectados por larvas de escaravello vermello (Rhynchophorus ferrugineus). Este insecto, é un escaravello, pon os seus ovos no interior da palmeira, e cando eclosionan os ovos, as larvas aliméntanse do talo da palmeira.