O panasturianismo é unha corrente ideolóxica minoritaria do nacionalismo asturiano. Esta ideoloxía defende a creación dunha única entidade administrativa formada polos territorios do ámbito lingüístico asturleonés, incluíndo Asturias, León, Cantabria[1] e Miranda do Douro.

Thumb
Unha das bandeiras de Asturias propostas.

Historia do panasturianismo

A ideoloxía, como parte da corrente na que se insire, o nacionalismo asturiano, é de recente creación. Porén, o panasturianismo presenta certas variantes, como as que rexeitan a inclusión de Cantabria e as que consideran ó mirandés unha lingua irmá pero que non desexan a súa unión co territorio lingüístico asturleonés.

En 1865, o escritor cántabro Gumersindo Laverde publicou o Gran Almanaque de las dos Asturias,[2] e defendeu o proxecto do ferrocarril cántabro en cartas e artigos publicados en El Trabajo, Revista Ovetense e La Abeja Montañesa de Santander, que provocaron o rexeitamento xeral de case toda a prensa asturiana.[3] Tamén defendeu con forza a unión das Asturias de Oviedo e Santander; é dicir, a unión do Principado e da Montaña en termos eclesiástico e universitario creando un único distrito; a Administración de Xustiza con audiencia territorial; no militar coa creación dunha Capitanía xeneral para os dous territorios; o sindicato agrario, industrial e artístico, celebrando congresos, exposicións e certames; o culto ás glorias e tradicións, erixindo en Covadonga un panteón onde repousasen as cinzas dos seus homes ilustres e a unión, en definitiva, en "todo e para todo honesto, fermoso e útil", propoñendo crear infraestruturas para promover o comercio mutuo. Así entendía Laverde a unión das dúas Asturias: “Traballar solidariamente no labor da súa civilización común, así como no da civilización xeral peninsular, como parte principal da nacionalidade ibérica”.

En 2009, o escritor e etnólogo asturiano Xaviel Vilareyo publicou a obra Los ámbitos de la Nación Asturiana.[4] Neste libro sobre etnoloxía asturiana defende a reunificación territorial da nación asturiana, As Asturias, a unión cultural e política de todos os territorios asturianos.

Na política

Historicamente, os partidos nacionalistas asturianos teñen defendido a inclusión dos territorios vencellados coa cultura asturiana. O Partíu Asturianista expuxo esta iniciativa na Xunta Xeral do Principado de Asturias a comezos da década dos 90.

Simboloxía

A simboloxía do panasturianismo é variada e diversa, e caracterízase ben polo emprego de elementos das bandeiras dos países que formarían a nación pan-astur (Asturias e León), ou ben por versións da vella bandeira branca coa Cruz de San Xurxo, que foi a primeira bandeira empregada polo Reino de Asturias.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.