Pandora (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pandora (ou en grego Πανδώρα) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 26.[3] A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Pandora, extraído da mitoloxía grega.[4] Tamén é coñecida coma Saturno XVII.[5]
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Collins, Voyager 1 |
Descuberta no | outubro de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XVII |
Características orbitais[1] | |
Eixo semi-maior | 141.720 ± 10 km |
Excentricidade | 0,0042 |
Período orbital | 0.628504213 días |
Inclinación | 0,050 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 103 × 80 × 64 km [2] |
Radio medio | 40,3 ± 2,2 km [2] |
Área superficial | ~21.000 km2 |
Volume | ~270.000 km3 |
Masa | 1,356 ± 0,022 x 1017 kg [1] |
Densidade media | 0,49 ± 0,08 g/cm³ |
Gravidade superficial | ~0,0034 m/s² |
Velocidade de escape | ~0,019 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Albedo | 0,6 |
Oblicuidade | cero |
Temperatura | ~78 K |
Pandora actúa coma lúa pastor da parte exterior do anel F. Está máis craterizado ca súa veciña Prometeo, e posúe dous cráteres que andan ó redor dos 30 kms de diámetro.[6]
A órbita de Pandora é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Prometeo. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos,[1] cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Pandora tamén está en nunha resonancia de 3:2 con Mimas.[1]
A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Pandora é un corpo xeado moi poroso.