estrutura arquitectónica funeraria From Wikipedia, the free encyclopedia
Panteón (do grego παν, pan, 'todo' e θεών, theon, 'dos deuses'), no seu sentido primixenio era o conxunto de todos os deuses dunha relixión ou mitoloxía politeísta particular, como os deuses do Olimpo da Grecia antiga.
Desde o século XVI a palabra tamén se usou, nun sentido secular, para referirse a un grupo de xente exaltada. Noutro sentido, refírese a un templo ou edificio sagrado dedicado a todos os deuses dunha relixión politeísta particular (como os da mitoloxía hindú).
Salvo no caso de grandes monumentos, o seu significado actual é o de edificación funeraria, normalmente nun cemiterio, onde repousan os restos dos defuntos dunha familia ou dun grupo determinado.
Quizais a asimilación do nome de panteón a este uso proveña da primitiva relixión romana, en que os espíritos dos antepasados eran considerados como "deuses domésticos" (dou "deuses lares").
Outra versión indica que a súa orixe estaría en que o célebre artista Rafael (Rafaello) pediu (e foi) soterrado no Panteón de Roma (Panteón de Agripa).
Na actualidade a palabra úsase principalmente, a nivel mundial, para describir tres edificios:
En Galicia son de destacar o Panteón Real, na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago, onde xacen os restos de varios Reis de Galicia e León, e o Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do antigo Convento de San Domingos de Bonaval, tamén en Santiago de Compostela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.