Papías de Hierápolis
From Wikipedia, the free encyclopedia
Papías (grego: Παπίας) foi un padre apostólico, bispo de Hierápolis, en Frixia (na actual Pamukkale, Turquía), e autor que viviu aproximadamente entre os anos 70 e 163 d. C. Papías escribiu unha obra en cinco libros titulada Logiôn kyriakôn exêgêseis, (Λογίων Κυριακῶν Ἐξήγησις, na súa grafía grega), é dicir Exposición de ditos do Señor.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 70 Asia Minor (en) |
Morte | Primeira metade século II História de Esmirna (pt) |
Bispo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Asia |
Relixión | Cristianismo primitivo |
Actividade | |
Campo de traballo | Pastoral |
Lugar de traballo | Asia Minor (en) |
Ocupación | sacerdote , escritor |
Período de actividade | (Con vida en: Primeira metade século II ) |
Profesores | Xoán o Apóstolo |
Lingua | Grego antigo |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 22 de febreiro |
Pechar
Esta obra, hoxe perdida agás breves fragmentos citados en escritos posteriores, é unha importante fonte antiga sobre a tradición oral do cristianismo e en particular sobre as orixes dos evanxeos canónicos.
Papías foi canonizado pola Igrexa Católica; a súa festa é o 22 de febreiro.