Papiro de Rhind
From Wikipedia, the free encyclopedia
O papiro de Rhind é un papiro exipcio datado no 1650 a.C. Xuntamente co papiro de Moscova é o documento matemático máis importante do Antigo Exipto. É un documento de carácter didáctico que contén diversos problemas matemáticos.
Está redactado en escritura hierática e mide uns seis metros de lonxitude por 32 cm de largo, e está escrito polas dúas caras, encontrándose en bo estado de conservación. O texto, escrito durante o reinado de Apofis I, é copia dun documento do século XIX a. C. da época de Amenemhat III.[1]
É unha copia realizada por un escriba chamado Ahmes pola que tamén se coñece como papiro de Ahmes.