Parafuso de Arquímedes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un parafuso de Arquímedes é unha máquina gravimétrica helicoidal empregada para a elevación de auga, fariña, cereais ou material escavado. Adoita considerarse que o inventou no século III a.C. Arquímedes, do que recibe o seu nome, aínda que é moi probable que xa se utilizase no antigo Exipto en épocas anteriores.[1] É un cilindro oco, situado sobre un plano inclinado, que permite elevar o corpo ou fluído situado por baixo do eixe de xiro. Desde a súa invención empregouse para o bombeo. É un parafuso sen fin polo seu circuíto infinito.