gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga From Wikipedia, the free encyclopedia
Paramahansa Yogananda ou Paramhansa Yogananda, nado como Mukunda Lal Ghosh en Gorakhpur o 5 de xaneiro de 1893 e finado nos Ánxeles o 7 de marzo de 1952 foi un monxe, iogui e gurú indio que introduciu millóns de persoas nas ensinanzas da meditación e do Kriya Yoga mediante a súa organización Self-Realization Fellowship (SRF) / Yogoda Satsanga Society (YSS) of India. Discípulo do gurú iogui bengalí Swami Sri Yukteswar Giri, foi enviado pola súa estirpe para expandir as ensinanzas do ioga a occidente, a probar a unidade entre as relixións occidentais e orientais e a predicar un equilibrio entre o crecemento material occidental e a espiritualidade india.[1] A súa longa influencia no movemento do ioga estadounidense e especialmente na cultura do ioga dos Ánxeles, levouno a ser considerado polos expertos en ioga como o "pai do ioga en occidente".[2][3]
(1946) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mukunda Lal Ghosh 5 de xaneiro de 1893 Gorakhpur (Raj Británico) |
Morte | 7 de marzo de 1952 (59 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | enfarte agudo do miocárdio (pt) |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Calcuta Scottish Church College (en) Senate of Serampore College (en) |
Actividade | |
Ocupación | filósofo , escritor , autobiógrafo , iogue (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Yogananda foi o primeiro mestre indio importante que se estableceu nos Estados Unidos, e o primeiro indio prominente recibido na Casa Branca (polo presidente Calvin Coolidge en 1927);[4] a súa aclamación temperá levouno a ser denominado "o primeiro gurú superestrela do século XX" por Los Angeles Times.[5] Chegou a Boston en 1920 e embarcouse nunha xira de charlas transcontinentais de éxito antes de establecerse nos Ánxeles en 1925. Nas seguintes dúas décadas e media, gañou fama local ademais de expandir a súa influencia en todo o mundo: creou unha orde monástica, continuou a facer xiras de ensinanzas, comprou propiedades para a súa organización en varios lugares de California e iniciou moita xente no Kriya Yoga.[3] En 1952, SRF tiña máis de cen centros na India e nos Estados Unidos e na actualidade teñen grupos en case todas a grandes cidades estadounidenses.[5] Os seus principios de "vida simple e alto pensamento" atraeron xente de todas as orixes entre os seus seguidores.[3]
Publicou o libro Autobiography of a Yogi en 1946 con éxito de crítica e público; dende a súa primeira edición vendeu máis de catro millóns de exemplares, e Harper San Francisco listouno como un dos "100 mellores libros espirituais do século XX".[5][6] O CEO de Apple Steve Jobs encargou cincocentas copias do libro para o seu propio memorial, de xeito que cada asistente recibise un exemplar.[7] O libro continuou a ser reimpreso regularmente e é coñecido como "o libro que cambiou a vida de millóns".[8][9] En 2014 estreouse o documental Awake: The Life of Yogananda que gañou múltiples premios en festivais de cinema de todo o mundo.
Yogananda comezou na India en 1917 o seu traballo vital coa fundación dunha escola de "como vivir" para rapaces, en que os métodos modernos educativos se combinaban co adestramento no ioga e a instrución en ideas espirituais. En 1920 foi convidado a servir como delegado da India nun congreso internacional de relixiosos celebrado en Bosto. O seu relatorio no congreso, sobre "A ciencia da relixión" foi recibido con estusiasmo.
En 1920 fundou a Compañía da Autorrealización (Self-Realization Fellowship) e en 1925 estableceu nos Ánxeles a súa sede internacional.[10][11][12]
Yogananda escribiu Second Coming of Christ: The Resurrection of the Christ Within You e God Talks With Arjuna – The Bhagavad Gita para revelar o que el afirmaba que era a harmonía completa e a unión básica do cristianismo orixinal que ensinou Xesucristo e o ioga orixinal que ensinou Bhagavan Krishna e para indicar que eses principios de verdade son a fundación científica común de todas as relixións verdadeiras.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.