Paris
personaxe mitolóxico grego, fillo de Príamo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Paris é unha figura da mitoloxía grega, fillo de Príamo (rei de Troia) e de Hécuba, e irmán de Heitor.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
Segundo a profecías dos oráculos, había causar desasosego na cidade, pois Hécuba, súa nai, tivera un soño no cal vía saír lume das súas pernas; así pois, foi abandonado no monte Ida, mais aleitouno unha osa (compárese o caso de Rómulo e Remo, aleitados por unha loba). Logo foi adoptado por un matrimonio e medrou como pastor.