Parlamento Europeo
institución parlamentaria da Unión Europea / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados,[1] que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.
Parlamento Europeo | ||||
---|---|---|---|---|
IX lexislatura | ||||
Datos xerais | ||||
Ámbito | Unión Europea Unión Europea | |||
Creación | 1952 | |||
Tipo | Cámara baixa | |||
Límite | 5 anos | |||
Inicio de sesións | 1 de xullo de 2019 | |||
Liderado | ||||
Presidente | Roberta Metsola (PPE) desde o 18 de xaneiro de 2021 | |||
Vicepresidentes | Antonio Tajani (PPE) Mairead McGuinness (PPE) Rainer Wieland (PPE) Ramón Luis Valcárcel (PPE) ldikó Pelczné Gáll (PPE) Adina-Ioana Vălean (PPE) Sylvie Guillaume (S&D) Corina Crețu (S&D) Ulrike Lunacek (LV-ALE) Olli Rehn (ALDE) Alexander Graf Lambsdorff (ALDE) Dimitris Papadimoulis (LV-ALE) Ryszard Czarnecki (CRE) | |||
Presidente da Comisión Europea | Ursula von der Leyen (PPE) | |||
Líder da Maioría | Manfred Weber (PPE) | |||
Líder da Oposición | Syed Kamall (CRE) | |||
Composición | ||||
Membros | 750 e o Presidente | |||
Grupos representados | Partido Popular Europeo (PPE) Socialistas e Demócratas (S&D) Renovar Europa (RE) Identidade e Democracia (ID) Os Verdes-Alianza Libre Europea (G-EFA/LV-ALE) Conservadores e Reformistas Europeos (ECR/CRE) Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) Non Inscritos (NI) | |||
Salario | 84.000 € ao ano | |||
Título I do Protocolo sobre as disposicións transitorias do Tratado de Lisboa e do Tratado da Unión Europea | ||||
Eleccións | ||||
Sistema electoral | Sistema d'Hondt con representación proporcional con listas cerradas | |||
Última elección | 26 de maio de 2019 | |||
Próxima elección | 2024 | |||
Lema | ||||
«In varietate concordia» (do latín: «Unida na diversidade») | ||||
Sede(s) | ||||
Cámara principal Hemiciclo do Edificio Louise Weiss Francia Estrasburgo, Alsacia, Francia | ||||
Cámara secundaria Hemiciclo do Espazo Leopoldo Bélxica Bruxelas, Rexión de Bruxelas, Bélxica | ||||
Sitio web | ||||
www.europarl.europa.eu | ||||
Cronoloxía | ||||
|
Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.
Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.
O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.