Parotidite epidémica
doenza contaxiosa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A parotidite epidémica é unha doenza contaxiosa que pode ser aguda ou crónica, localizada fundamentalmente nunha ou ambas as glándulas parótidas, que son glándulas salivares maiores situadas detrás das pólas ascendentes da mandíbula. Provócaa o virus dos Paramyxoviridae, que causa unha enfermidade considerada tradicionalmente de nenos e adolescentes, aínda que pode tamén causar infeccións en adultos sensibles.[1] Polo xeral, a enfermidade produce inmunidade para sempre, polo que pode ser previda pola administración dunha vacina, a vacina tripla vírica (SPR). Recibe popularmente diversos nomes como cochechas, orellóns, papeiras ou pezorellos[2].
Parotidite epidémica | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Neno con parotidite | |
ICD-10 | B26 |
ICD-9 | 072 |
DiseasesDB | 8449 |
MedlinePlus | 001557 |
eMedicine | emerg/391 ped/1503 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A parotidite pode afectar diferentes glándulas do corpo, o sistema nervioso central e os testículos. As complicacións máis frecuentes son a meninxite e a inflamación testicular que pode levar á infertilidade. O tratamento consiste no alivio dos síntomas.
Na obra Epidemias, de Hipócrates, escrita aproximadamente entre os anos 475 e 466 a. C., descríbese unha epidemia de parotidite ocorrida na illa de Tasos.[3][4][5]