![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/A_couple_of_Tadorna_ferruginea.jpg/640px-A_couple_of_Tadorna_ferruginea.jpg&w=640&q=50)
Pato canelo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pato canelo[2] ou pato ferruxento[3] (Tadorna ferruginea) é unha ave da familia dos anátidos. É unha ave acuática facilmente distinguible de 58 a 70 cm de lonxitude cunha envergadura alar de 110 a 135 cm. Ten unha plumaxe corporal marrón alararanxada cunha cabeza máis clara, mentres que a cola e as plumas de voo das ás son negras, o que contrasta coas cobertoiras das ás brancas. É unha ave migratoria, que inverna no subcontinente indio e se reproduce no sur de Europa e Asia central, aínda que hai pequenas poboacións residentes no norte de África. En Galicia é unha ave visitante irregular que aparece sobre todo como invernante.[3]. Ten unha chamada alta como unha bocina.
Pato canelo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Parella de patos canelos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Casarca ferruginea |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Tadorna_ferruginea_MHNT.ZOO.2010.11.21.1.jpg/640px-Tadorna_ferruginea_MHNT.ZOO.2010.11.21.1.jpg)
Habita en corpos de auga do interior como lagos, encoros e ríos. Macho e femia establecen uns lazos de parella duradeiros e o niño pode estar situado bastante lonxe da auga, nunha greta ou burato nun cantil, árbore ou sitio similar. Fan unha posta duns oito ovos que son incubados só pola femia durante catro semanas. Os xoves son coidados por ambos os proxenitores e empluman oito semanas despois da eclosión.
En Asia central e oriental as súas poboacións son estables ou en aumento, pero en Europa xeralmente están en declive. En conxunto, ten unha ampla área de distribución e unha poboación total grande, e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza estimou o seu status de conservación como "pouco preocupante".