From Wikipedia, the free encyclopedia
Patrimonio do Mercurio. Almadén e Idrija é un conxunto Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Almadén, Castela-A Mancha, España e Idrija, Eslovenia. Os bens comprenden dous sitios mineiros de mercurio. En Almadén extraeuse mercurio desde a antigüidade, mentres que en Idrija atopouse por primeira vez en 1490.[1]
Os sitios testemuñan o comercio intercontinental de mercurio que xerou importantes intercambios entre Europa e América ao longo dos séculos. Os dous sitios representan as dúas maiores minas de mercurio do mundo e estiveron operativas ata tempos recentes. O mercurio xogou un papel importante na extracción de ouro e prata, minerais escavados nas minas americanas. Ademais, ambos xacementos ilustran os distintos elementos industriais, territoriais, urbanos e sociais dun sistema sociotécnico específico nas industrias mineiras e de produción de metais.[1]
No corazón do xacemento de Almadén hai un museo mineiro, onde o público pode entrar a unha mina subterranea.[2] Tamén hai edificios relacionados coa historia mineira da cidade, incluído o castelo de Retamar,[3] o hospital mineiro de San Rafael (agora un arquivo) e vivendas do século XVIII que forman unha praza de touros hexagonal.[4]
O sitio de Idrija conta especialmente con almacéns e infraestruturas de mercurio, así como vivendas e un teatro para mineiros.
Idrija comezou o proceso para inscribir o patrimonio de mercurio na lista do patrimonio da UNESCO no 2006.[5] Inicialmente, o nomeamento realizouse xunto coa mina de mercurio de Huancavelica no Perú, en relación á ruta intercontinental "Camino Real". Na segunda etapa, a candidatura centrouse no patrimonio do mercurio en relación coa minería da prata, xunto coa mina San Luis Potosí] en México, con todo, o nomeamento non reuniu o suficiente apoio. A exitosa terceira etapa da candidatura centrouse na extracción do mercurio en relación cos procesos tecnolóxicos e industriais que influíron no desenvolvemento económico e cultural das dúas rexións..[6]
Os sitios do "Patrimonio de Mercurio" son os seguintes:[7]
Código | Nome | Localización | Zona de proteción | Coordinadas |
---|---|---|---|---|
1313rev-001 | Centro histórico de Almadén | Almadén | 48.98 ha | 38°46′31″N 4°50′37″O |
1313rev-002 | Edificios da Mina do Castelo | Almadén | 0,22 ha | 38°46′21″N 4°50′23″O |
1313rev-003 | Prisión real de traballos forzados | Almadén | 0.11 ha | 38°46′19″N 4°50′03″O |
1313rev-004 | Hospital Real de San Rafael (nenos) | Almadén | 0.10 ha | 38°46′22″N 4°49′53″O |
1313rev-005 | Praza de touros | Almadén | 0.25 ha | 38°46′30″N 4°49′47″O |
Código | Nome | Localización | Zona de proteción | Coordenadas |
---|---|---|---|---|
1313rev-006 | Centro histórico de Idrija | Idrija | 47.33 ha | 46°00′02″N 14°01′19″L |
1313rev-007 | Fundición | Idrija | 0.60 ha | 46°00′25″N 14°01′52″L |
1313rev-008 | Bomba Kamšt con canle de auga e depósito (Kobila) | Idrija | 1.61 ha | 45°59′56″N 14°01′51″L |
1313rev-009 | Depósito de auga | Idrija | 0.71 ha | 46°01′04″N 13°56′22″L |
1313rev-010 | Lagoa Idrija | Idrija | 1.21 ha | 46°00′10″N 13°55′12″L |
1313rev-011 | Encoro de Putrih no río Belca | Idrija | 0.49 ha | 45°58′34″N 13°56′01″L |
1313rev-012 | Encoro de Brus no río Belca | Idrija | 2.49 ha | 45°58′13″N 13°57′08″L |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.