Pearl Buck, nada en Hillsboro, Virxinia Occidental, o 26 de xuño de 1892 e finada en Danby, Vermont, o 6 de marzo de 1973, foi unha escritora estadounidense. Pasou a metade da súa vida na China, onde a levaron os seus pais misioneiros con tres meses de idade e onde viviu uns corenta anos. É coñecida polo apelido dun dos seus maridos xa que o seu apelido de solteira era Sydenstricker.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pearl Buck |
Nome orixinal | (en) Pearl Comfort Sydenstricker Buck Walsh |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Pearl Comfort Sydenstricker 26 de xuño de 1892 Hillsboro, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 6 de marzo de 1973 (80 anos) Danby, Estados Unidos de América (en) |
---|
Causa da morte | cancro de pulmón |
---|
Lugar de sepultura | Perkasie 40°21′29″N 75°13′06″O |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Presbiterianismo (pt) |
---|
Educación | Universidade Cornell Randolph–Macon College (en) |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Cultura da China (pt) e literatura inglesa |
---|
Ocupación | tradutora , xornalista , escritora de literatura infantil , escritora , misioneira , guionista , autobiógrafa , Activista polos dereitos humanos , novelista , prosista |
---|
Período de actividade | 1930 - |
---|
Empregador | Universidade de Nanjing |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Novela e biografía |
---|
Pseudónimo literario | John Sedges |
---|
Lingua | Lingua inglesa, mandarín e mandarín estándar |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Richard J. Walsh (1935–1960) John Lossing Buck (1917–1935) |
---|
Fillos | Caroline Grace Buck (en) () John Lossing Buck (pt) Janice Comfort Walsh (en) () John Lossing Buck (pt) |
---|
Pais | Absalom Sydenstricker (en) e Caroline Maude Stulting Sydenstricker (en) |
---|
Irmáns | Edgar Sydenstricker (pt) |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
O seu bilingüismo fíxolle sentir de forma especialmente profunda o tema oriente-occidente que quedou reflectido en gran parte nas súas obras ademais de tratar desde un principio cuestións feministas que logo marcarían a súa vida con labores en consonancia coas súas ideas, a publicación da revista Asia e culminando coa fundación que leva o seu nome.
Foi unha escritora moi pródiga - ten ao seu haber unhas setenta obras - é especialmente sensible na súa aproximación aos temas, como se pode observar no seu primeiro libro publicado en 1930 East wind, West wind.
Foi Premio Pulitzer en 1932 e Premio Nobel de Literatura en 1938, a primeira muller en conseguir ambos os premios.
Novelas
- East Wind:West Wind (1930)
- The Good Earth (1931)
- Sons (1933)
- The Mother (1933)
- A House Divided (1935)
- This Proud Heart (1938)
- The Big Wave (1938)
- The Patriot (1939)
- Other Gods (1940)
- China Sky (1941)
- Dragon Seed (1942)
- The Promise (1943)
- Portrait of a Marriage (1945)
- Pavilion of Women (1946)
- The Angry Wife (1947) (as John Sedges)
- Peony (1948)
- A Long Love (1949) (as John Sedges)
- God's Men (1951)
- Come, My Beloved (1953)
- Voices in the House (1953) ( as John Sedges)
- Imperial Woman (1956)
- Letter from Peking(1957)
- Command the Morning (1959)
- Satan Never Sleeps (1962)
- The Living Reed (1963)
- The Time is Noon (1966)
- Matthew, Mark, Luke and John (1967)
- The Three Daughters of Madame Liang (1969)
- Mandala (1970)
- The Goddess Abides (1972)
- The Rainbow (1974)
- The Big Wave (????)
Autobiografías
- My Several Worlds (1954)
- A Bridge For Passing (1962)
Non ficción
- China as I See It (1970)
- The Story Bible (1971)
- Pearl S. Buck's Oriental Cookbook (1972)
- Of Men and Women (1941)
- The Child Who Never Grew (1950)
- My Several Worlds (1954)
- For Spacious Skies (1966)
- The People of Japan (1966)
- The Kennedy Women (1970)
Contos
- The Old Demon
- The Good Deed
En 1937 levouse A boa terra ao cine, conseguiu dous premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas dos Ánxeles (Oscar, California. Os galardóns obtidos foron: mellor actriz e mellor fotografía.