Pedra rúnica
From Wikipedia, the free encyclopedia
As estelas rúnicas son pedras con inscricións rúnicas. Xeralmente aplícase o termo a rochas erixidas como monumentos, pero tamén é válido para inscricións en pedras máis cativas e alicerces. A tradición comezou no século IV, pero a maioría datan da Era viquinga, e continuouse ata o século XII. Localízanse principalmente en Escandinavia e son particularmente numerosas en Suecia, onde se atoparon máis de 3.430 pedras rúnicas, aínda que hai en tódolos lugares onde se asentaron os viquingos. A suma total no mundo ascende a unhas 6.000. As pedras rúnicas xeralmente eran monumentos conmemorativos da morte dalgún home e orixinalmente moitas estaban decoradas con cores rechamantes.