From Wikipedia, the free encyclopedia
O sanmartiño ou peixe de San Pedro (Zeus faber) é un peixe do xénero Zeus de gran distribución. É un peixe comestible de augas profundas cun corpo comprimido lateralmente de cor oliva-amarelo que ten unha gran mancha escura no seu costado, e grandes espiñas na aleta dorsal. A súa mancha escura utilízaa como un 'ollo malvado' no caso de que se lle achegue algún perigo. Os seus grandes ollos diante da cabeza proporciónanlle unha visión bifocal e percepción da profundidade, cualidades importantes para os depredadores. A mancha en forma de ollo dos laterais do Sanmartiño tamén confunde á presa, que son engulidas coa súa gran boca.
Sanmartiño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sanmartiño no Aquarium Finisterrae da Coruña. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Zeus faber Linnaeus, 1758 |
O nome de peixe de san Pedro provén da lenda que conta que san Pedro pescou un destes peixes e, ó subilo a bordo, queixouse tan penosamente que o santo decidiu devolvelo ó mar. Para facelo, colleuno cos dedos índice e polgar, deixando as pegadas da presión dos dedos sobre a súa pel, que quedaron formando esas manchas características. Outra lenda conta que san Pedro deixou esas manchas cando colleu un peixe co fin de coller da súa boca a moeda que levaba na boca e poder pagar con ela os tributos.
En Galicia, esta lenda atribúese a san Martiño, o que explica que aquí reciba este nome. Outra posible orixe pode ser que este peixe está en sazón no mes de novembro.
Os nomes de galo e peixe galo proceden das longas aletas dorsais que lembran a crista do galo.
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sanmartiño |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sanmartiño |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.