filme de 1987 dirixido por Bille August From Wikipedia, the free encyclopedia
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Baséase na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos. Está protagonizado por Pelle Hvenegaard no papel do Pelle neno, con Max von Sydow como o seu pai, xunto con Axel Strøbye e Astrid Villaume nos papeis secundarios.
Pelle Erobreren | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pelle Erobreren |
Director | Bille August |
Produtor | Per Holst |
Guión | Bille August Per Olov Enquist Bjarne Reuter Max Lundgren |
Baseado en | Pelle Erobreren de Martin Andersen Nexø |
Intérpretes | Max von Sydow Pelle Hvenegaard Erik Paaske Bjørn Granath |
Música | Stefan Nilsson |
Fotografía | Jörgen Persson |
Montaxe | Janus Billeskov Jansen |
Estudio | Odyssey Entertainment Svensk Filmindustri Per Holst Filmproduktion |
Distribuidora | Svensk Filmindustri (Suecia) Kærne Film (Dinamarca) |
Estrea | 25 de decembro de 1987 |
Duración | 150 minutos[1] |
Orixe | Dinamarca Suecia[2] |
Xénero | Épico |
Orzamento | 4,5 millóns de dólares[3] |
Recadación | 2 053 931 dólares[4] |
Na rede | |
Unha coprodución entre Dinamarca e Suecia, August escolleu adaptar Boyhood, a primeira parte da novela de Nexø, procurando facelo como un filme épico. Con 11 anos, Hvenegaard foi escollido nunha audición de máis de 3 000 nenos; Hvenegaard recibiu o nome do personaxe epónimo.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988 e no Festival de Cinema de Nova York. Foi aclamado pola crítica, gañando a Palma de Ouro e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa de 1988, entre outros galardóns.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.