Península de Taimir
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Taimir (en ruso: Полуостров Таймыр, Таймырский полуостров) é unha península de Rusia, situada na zona de Siberia, que forma a parte máis setentrional do continente asiático. Está delimitada polas augas do golfo do Ienisei ao oeste, as do mar de Kara ao norte e as do golfo de Jatanga do mar de Laptev, ao leste; polo sur, o seu límite continental está formado polo curso do río Jatanga.
Administrativamente, toda a península pertence ao Krai de Krasnoyarsk da Federación de Rusia.
Na península discorren algúns ríos importantes que desaugan directamente ao mar de Kara, como o río Taimir ou o río Piassina.