Morte (personificación)
Personificación da morte / From Wikipedia, the free encyclopedia
O concepto de morte como unha entidade existiu en moitas sociedades, dende o inicio da historia. A partir do século XV, co reavivamento da cultura grecorromana como fonte de inspiración artística, veu ser mostrada como unha figura esquelética que carga unha gadaña e viste unha túnica negra con capuz;[1] está inspirada en Hades, o deus grego do mundo inferior (Plutón para os romanos). Na cultura occidental, a Morte asóciase frecuentemente a esta figura, de aspecto semellante ao enraizado o século XV. No oriente chámase Iama, Yanluo, Enma Dade Oh, Rei Yŏmna, ou Shinigami (Deus ou Anxo da Morte na mitoloxía xaponesa).
Existe tamén na Biblia, Abadom (tamén chamado Apollyon), un anxo cunha identidade que é un misterio e que aparece no libro de Xob (capítulo 26, versículo 6) e no libro da Apocalipse (capítulo 9, versículo 11), onde se chama Anxo do Abismo. Nas tradicións xudaicas antigas de onde xurdiu a Biblia, o anxo da morte recibía o nome de Samael, anxo que para os estudosos bíblicos, principalmente a partir do Novo Testamento se identifca como Satanás "o que tiña o imperio da morte" (Hebreos, 2:14) e no islam o anxo da morte identifícase como Azrael.
Nalgúns casos, a Morte é capaz realmente de matar a vítima, contándose que pode ser subornada, enganada ou aprisionada, a fin de manter a vida, como no caso de Sísifo. Outras crenzas sustentan que a Morte é un psicopompo, que serve só para cortar os últimos lazos entre a alma e o corpo e para guiar os mortos ao outro mundo sen ter calquera control sobre o feito da morte da vítima.
Nas culturas inglesa e alemá, a Morte adoita representarse como un home, mais nas culturas de lingua románica non é común que sexa feminina,[2] igual que nas linguas eslavas.