Pet Sematary (filme de 2019)
filme de 2019 dirixido por Kevin Kölsch and Dennis Widmyer / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pet Sematary é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Kevin Kölsch e Dennis Widmyer e escrito por Jeff Buhler, a partir dunha historia na pantalla de Matt Greenberg. É a segunda adaptación da novela homónima de 1983 escrita por Stephen King, despois do filme de 1989. Está protagonizado por Jason Clarke, Amy Seimetz e John Lithgow, e conta a historia dunha familia que descobre un misterioso cemiterio no bosque detrás da súa nova casa.
Pet Sematary | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pet Sematary |
Director |
|
Produtor |
|
Guión | Jeff Buhler |
Baseado en | Pet Sematary de Stephen King |
Intérpretes |
|
Música | Christopher Young |
Fotografía | Laurie Rose |
Montaxe | Sarah Broshar |
Estudio |
|
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | SXSW: 16 de marzo de 2019 5 de abril de 2019 |
Duración | 101 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror sobrenatural |
Orzamento | 21 millóns de dólares[2] |
Recadación | 113,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.paramount.com/movies/pet-sematary | |
|
Pet Sematary estreouse no festival South by Southwest o 16 de febreiro de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 5 de abril de 2019 a través de Paramount Pictures. O filme recadou 113 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu valoracións diversas por parte da crítica, que eloxiou o ton escuro, a atmosfera e as interpretacións, mais que non gostou do ritmo lento e nos jump scares. Tanto a crítica como a audiencia estiveron divididas polos cambios entre o filme e o libro, aínda que polo xeral está considerada como unha adaptación mellor cá de 1989.[3][4][5]