Piper methysticum
From Wikipedia, the free encyclopedia
O kawa-kawa, kava kava ou kava (Piper methysticum) é unha planta estreitamente relacionada coa pimenteira, Piper nigrum; de orixe Polinesia. As raíces da planta utilízanse para producir unha bebida con propiedades sedantes, anestésicas, euforizantes e enteoxénicas. O kava consómese en todas as culturas do océano Pacífico da Polinesia, incluíndo Hawai, Vanuatu, Melanesia e algunhas partes de Micronesia polos seus efectos sedantes. Os seus ingredientes activos chámanse kavalactóns. Unha revisión sistemática de Cochrane concluíu que era probable que fose máis eficaz que o placebo no tratamento da ansiedade a curto prazo.[1]
Máis información Piper methysticumKavakava, Clasificación científica ...
Piper methysticum Kavakava | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
''Piper methysticum'' G.Forst. |
Pechar