From Wikipedia, the free encyclopedia
O plan Bakker-Schut foi un plan de anexión de territorios de Alemaña esbozado polos Países Baixos trala segunda guerra mundial.
O nome do plan proviña do nome dos membros da comisión holandesa encargada de redactar dito proxecto. Consistía nunha serie de reparacións económicas mais tamén incluía a anexión dalgúns territorios alemáns. Na súa forma máis ambiciosa incluía cidades como Aquisgrán, Münster ou Osnabrück. De ter realizado, o plan supoñería para Holanda dun aumento de máis do 30 % do seu territorio.
Moitos alemás que vivían en Holanda foron considerados "suxeitos inimigos" e internados en campos de concentración na chamada operación tulipán negro. Destes, 4.000 foron deportados de Holanda. Como resposta a esta operación, o Alto Comisionado Aliado expulsou a miles de cidadáns holandeses residentes en Alemaña. O plan Bakker-Schut prevía tamén a expulsión de toda a poboación local a excepción dos alemáns que falaban o dialecto baixo alemán, lingua asimilable ao lingua neerlandesa.
En 1947, o Alto Comisionado Aliado de Alemaña rexeitou de pleno o proxecto holandés. Os aliados estaban desbordados pola chegada de refuxiados alemáns á Alemaña (entre 12 e 14 millóns[1]) e non estaban dispostos a que houbesen máis desprazamentos de poboacións.
A conferencia de Londres do 23 de abril de 1949 permitiu non obstante realizar pequenos axustes fronteirizos a favor de Holanda. Ese mesmo día, tropas holandesas ocuparon zonas correspondentes a unha versión reducida do plan C do Plan Bakker-Schut. A maioría dos territorios ocupados fóronselle devoltos logo a Alemaña o 1 de agosto de 1963, agás o pequeno pobo de Wyler.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.