From Wikipedia, the free encyclopedia
Os azarís[11] (en azarí: Azərbaycanlılar, آذربایجانلیلار, Azərilər آذریلر) tamén coñecidos como turcos azarís[12][13][14] (en azarí: Azərbaycan türkləri آذربایجان تورکلری), son un pobo turco[15][16][17] do Cáucaso que vive principalmente no Acerbaixán iraniano e na independente República de Acerbaixán. Son o segundo grupo étnico máis numeroso entre os pobos turcos despois dos turcos anatolios.[18] Son musulmáns xiítas,[19] e teñen unha herdanza cultura mixta, incluíndo raíces turcas, iranianas,[20] e caucásicas. Son o meirande grupo étnico da República de Acerbaixán e o segundo grupo étnico de Irán.[21] O maior número de azarís étnicos vive en Irán, seguido por Acerbaixán.[22]
|
Pobo azarí | |
---|---|
Rapazas azarís co traxe tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 30-35 millóns[1][2] | |
Rexións principais: | |
Irán | máis de 15 millóns (Encyclopædia Britannica) |
Acerbaixán | 9 973 697 (2017)[3] |
Rusia | 603 070–1 500 000[4][5] |
Turquía | 530 000–800 000[6] |
Xeorxia | 233 178[7] |
Israel | 100 000[8] |
Casaquistán | 85 292[9] |
Francia | 70 000[10] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua azarí |
Relixión | islam xiíta |
Grupos relacionados | Pobos turcos (turcos oghuz) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.