Pobo dinka
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dinkas[2] son un grupo étnico que habita na rexión de Bahr el Ghazal, na conca do río Nilo, en Jonglei, no Sudán do Sur, e en partes das rexións de Kurdufan e o Alto Nilo no Sudán. Os dinkas son un pobo agrícola e gandeiro, que pastorea nos campos dos ríos na estación seca e cultiva paínzo e outras variedades de gran na estación chuviosa. O seu número rolda os 4,5 millóns de persoas segundo o censo de 2008 do Sudán, representando o 18% da poboación[3] antes da independencia do Sudán do Sur, e sendo o meirande grupo étnico do novo país. Os dinkas, ou como se chaman a si mesmos muonyjang (singular) e jieng (plural), constitúen unha das pólas dos pobos nilóticos, que inclúen os nuer e os luo).[4] Os dinkas son recoñecibles pola súa estatura, e xunto cos tutsis de Ruanda, están considerados o pobo máis alto de África.[5]
Pobo dinka | |
---|---|
Rapaza dinka nunha fotografía de finais do século XIX. | |
Poboación | |
Poboación total: 4,5 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
Sudán do Sur | c 3 000 000 |
Sudán | c 1 500 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua dinka |
Relixión | Cristianismo, islam e relixión tradicional africana |
Grupos relacionados | Nuer e outros pobos nilóticos |