Pobo lakota
pobo indíxena das Grandes Chairas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lakota, tamén coñecidos como Teton, Titunwan ("habitantes da pradeira"),[7] Teton Sioux ("serpe, ou inimigo") son un pobo nativo de Norteamérica. Son parte dunha confederación de sete tribos síux relacionadas, a Očhéthi Šakówiŋ ou sete lumes do consello, e falan a lingua lakota, un dos tres grandes dialectos da lingua síux.
Pobo lakota | |
---|---|
Retratos de lakota. | |
Poboación | |
Poboación total: 115 000 (censo de 2015)[1][2][3][4][5] | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua lakota e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Relixión tribal tradicional, Danza do Sol, Native American Church, Cristianismo |
Grupos relacionados | Outros membros do Oceti Sakohowin (Santee, Sisseton Wahpeton Oyate, Yankton, Yanktonai)[6] |
Os lakota son os máis occidentais dos tres grupos lingüísticos das linguas síux, ocupando terras en Dacota do Norte e Dacota do Sur. As sete bandas ou "sub-tribos" dos lakota son:
- Sičháŋǧu (Brulé, "coxas queimadas")[8]
- Oglála ("They Scatter Their Own")[8]
- Itázipčho ("Sen arcos")[8]
- Húŋkpapȟa ("Aldea final"),[8]
- Mnikȟówožu ("Planta á beira do arroio")[8]
- Sihásapa ("Pés negros")[8]
- Oóhenuŋpa ("Dúas teteiras")[8]
Membros notables dos lakota son Tȟatȟáŋka Íyotake (Touro Sentado) dos Húnkpapȟa; Maȟpíya Ičáȟtagya (Touch the Clouds) dos Miniconjou; Tȟašúŋke Witkó (Cabalo Tolo), Maȟpíya Lúta (Nube Vermella), Heȟáka Sápa (Black Elk), Siŋté Glešká (Spotted Tail), e Billy Mills dos Oglala.