From Wikipedia, the free encyclopedia
Os omaha[1] son un pobo indíxena recoñecido federalmente como unha tribo, que reside na reserva india Omaha no nordeste de Nebrasca e o oeste de Iowa, nos Estados Unidos de América. A finais do século XVII, os omaha migraron dende a área do alto Missouri e as chairas até o val do río Ohio. Falan a lingua omaha, unha lingua síux moi semellante á fala dos ponca. Os ponca formaban parte dos omaha antes de separarse noutra tribo a mediados do século XVIII.
Pobo omaha | |
---|---|
Bailarín tradicional omaha. | |
Poboación | |
Poboación total: 6 000 | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Nebrasca e Iowa |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua omaha-ponca e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Relixión tribal tradicional, Danza do Sol, Native American Church, Cristianismo |
Grupos relacionados | Síux |
Arredor do ano 1770, os omaha convertéronse no primeiro pobo das chairas do norte en adoptar a cultura ecuestre.[2] Desenvolvendo "The Big Village" (Ton-wa-tonga) en 1775 no norte de Nebrasca, os omaha crearon unha gran rede de comercio cos primeiros colonos europeos e os exploradores francocanadenses. Controlaron o comercio da pel e o acceso a outras tribos do alto Missouri.
Omaha, Nebrasca, a meirande cidade do estado, leva o seu nome por este pobo. Non se coñece que se ergueran en armas contra os Estados Unidos, e axudaron ó bando unionista na guerra civil estadounidense.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.